Pasar al contenido principal

A catedrática da Universidade de Cardiff Ruth Duncan fala no CEA da investigación biomédica

A catedrática da Universidade de Cardiff Ruth Duncan falará este xoves, día 27, da investigación no campo das ciencias biomédicas nun seminario que impartirá a partir das 18:00 horas no Centro de Estudos Avanzados.
A conferencia, organizada pola Vicerreitoría de Investigación e Innovación en colaboración co propio CEA, diríxese fundamentalmente aos investigadores da USC que traballan no ámbito temático abordado.
Ruth Duncan é profesora de Bioloxía Celular e Distribución de Medicamentos na Escola de Farmacia da Universidade de Cardiff e directora do seu Centro de Terapéuticas con Polímeros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.03.2008.