Presentación do XIV Festival Internacional de Teatro Universitario da USC
Dez compañías de teatro porán este ano en escena outras tantas pezas na que é xa a décimo cuarta edición do Festival Internacional de Teatro Universitario da USC.
O certame, que se desenvolverá do 1 ao 6 de abril, presentarase en rolda de prensa este luns, día 31 de marzo, ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Os encargados de explicar todos os detalles do festival serán o vicerreitor de Cultura, Elías Torres; o director da Área de Cultura da Vicerreitoría, Pablo Sampedro; e o responsable da Aula de Teatro da USC, Roberto Salgueiro.