Pasar al contenido principal

Firma da renovación do convenio para o financiamento do CITT do Campus de Lugo

Os representantes das cinco entidades que conforman a Comisión de Seguimento para o financiamento do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (CITT) do Campus lugués reuniranse este venres día 8, ás 12:00 horas, para a renovación do convenio por un ano máis, tal e como acordaron na reunión mantida o día 23 de xaneiro.
Na firma, que terá lugar na Sala de Prensa da Vicerreitoría, estarán presentes o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro; o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro; o presidente de Caixa Rural Galega, José María Pardo Montero; o presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación, Alfredo Mosteirín, e o secretario da Confederación Empresarial Lucense, Jaime López.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.02.2008.