Pasar al contenido principal

A residencia universitaria Monte da Condesa inaugura o luns un ciclo de cinema mudo con música en directo

Tres curtametraxes da primeira década do XX serán as que inauguren o luns 25 o ciclo de cinema mudo con música en directo que organiza a Residencia Universitaria Monte da Condesa. Nesta primeira sesión, que será ás 21:30 horas coa entrada libre, contarase coa interpretación ao piano de María González Graña.
Os organizadores tratan de converter a residencia, durante algunhas horas, nun daqueles vellos cinemas de comezos do século pasado, integrando música e cinema nun espazo de lecer cálido, confortable e aberto a todos os estudantes e cidadáns. Este luns asistirán a ‘O vagabundo’ (The vagabond, Charles Chaplin, 1916), ‘Charlot na idade de pedra’ (His prehistoric past, Charles Chaplin, 1914) e ‘O mensaxeiro’ (The bellboy, Roscoe "Fatty" Arbuckle, 1918).
A segunda sesión deste ciclo terá lugar o luns 10 de marzo coa proxección dos filmes ‘Charlot panadeiro’ (Dough and Dynamite, Ch. Chaplin, 1914), ‘Charlot na praia’ (By the sea, Charles Chaplin, 1915) e ‘O astronauta’ (The ballonatic, Buster Keaton, 1923).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.02.2008.