Pasar al contenido principal

Os estudantes elixen aos seus representantes no Claustro

Celébranse tamén eleccións para os Consellos de Departamento

Os estudantes de primeiro, segundo e terceiro ciclo e de posgrao propio elixen este xoves os seus representantes no Claustro Universitario da USC. A votación, que remata ás 18:30 horas, será tamén para decidir os representantes nos Consellos de Departamento do Persoal Docente e Investigador a tempo parcial e investigadores en formación, de estudantes e de PAS.
No Claustro universitario da USC ao sector dos estudantes de terceiro ciclo e posgraos propios correspóndenlles seis representantes, mentres que os de primeiro e segundo ciclo contan con 72. Nestas eleccións, ao primeiro sector mencionado concorren 12 candidatos –o único presentado en Lugo xa se considera proclamado, por contar este Campus con só un representante.
Pola súa banda, á elección dos membros do Claustro para primeiro e segundo ciclo presentáronse un total de 109 estudantes. A proclamación provisional de candidatos electos será o martes, día 29.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2008.