Pasar al contenido principal

O reitor preside este mércores o acto académico de licenciatura de Medicina

O reitor da USC, Senén Barro, presidirá este mércores 16 o acto académico de licenciatura dos estudantes que este curso rematan os seus estudos en Medicina nun acto que se vai celebrar a partir das 12:00 horas no Palacio de Congresos. Na sesión, o reitor compostelán estará acompañado polo decano da Facultade de Medicina, José Mª Fraga, polo presidente do Colexio de Médicos da provincia da Coruña, Luciano Vidan Martínez, e por unha nutrida representación de profesores do centro.
Logo da apertua oficial da sesión, intervirán o padriño da promoción, o profesor da USC Manuel Freire-Garabal, e o tamén profesor do centro Juan Jesús Gestal Otero, en representación dos docentes. Seguiranlle Olalla Varela García e Cristina Rois Vázquez, en calidade de representantes dos alumnos.
A entrega de diplomas conmemorativos deste evento e a intervención do decano José Mª Fraga darán paso ao xuramento hipocrático lido por Miguel Ángel Freirías Eiras. O reitor Senén Barro será o encargado de clausurar o acto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.04.2008.