Comeza no CACTUS un seminario sobre a análise de imaxes por citometría de fluxo
O edificio do CACTUS do campus compostelá será o marco no que se celebrará este mércores 9 un seminario sobre ‘Análise de imaxes por citometría de fluxo’ promovido pola USC e a compañía Izasa.
No transcurso desta sesión, que está previsto que comece ás 10:00 horas, explicaranse as vantaxes da obtención de datos con resolución espacial en técnicas de citometría de fluxo. Trátase dunha técnica con aplicacións en apoptose, traslocación de factores, co-localización de moléculas, compartimentalización intracelular, oceanografía, separación de celular ou na detección intracitoplásmica de virus.