Primeiro posto para a USC no campionato galego universitario de orientación
Os deportistas da Universidade de Santiago acadaron os mellores resultados no campionato galego universitario de orientación que se celebrou este sábado pasado en Santiago e que levou á institución compostelá ao primeiro posto.
Na categoría de mulleres, o primeiro e terceiro lugar foron para a USC, sendo Mar Torrón e Concepción González as gañadoras. Pola súa banda, Manuel Varela acadou o segundo posto na categoría masculina.