Remata este xoves o ciclo de conferencias sobre incentivos, riscos laborais e propiedade industrial na empresa da Escola de Práctica Xurídica
O ciclo ‘A empresa: incentivos, riscos laborais e propiedade industrial’ que organizan conxuntamente a Escola de Práctica Xurídica da USC e a Consellaría de Traballo chega ao seu fin este xoves 10 con dúas conferencias no Colexio de Avogados de Santiago.
O primeiro en intervir será, ás 18:00 horas, o maxistrado e profesor de Dereito Mercantil Juan Manuel Fernández López co relatorio ‘A protección da propiedade industrial na vía civil nas súas leis especiais. A protección adicional que lle outorga a Lei de competencia desleal’.
O maxistrado da Sala do Penal da Audiencia Nacional Ricardo Rodríguez será o encargado de clausurar o ciclo, ás 19:30 horas, cunha conferencia sobre a protección penal dos dereitos de propiedade industrial como dereitos de propiedade.