Pasar al contenido principal

A responsabilidade civil dos accidentes de traballo, tema dunha charla na Escola de Relacións Laborais

‘A responsabilidade civil do empresariado derivada do accidente de traballo’ é título dunha conferencia que impartirá o maxistrado do Tribunal Supremo Luis Fernández de Castro na Escola de Relacións Laborais de Lugo este venres 18, ás 18:30 horas.
Esta charla englóbase dentro das actividades formativas da segunda edición do curso de especialización en Seguridade Social, que se está a impartir neste centro todos os xoves e venres. Aínda que é parte do programa, esta charla é aberta á participación de todo o público en xeral e a entrada gratuíta.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.04.2008.