Pasar al contenido principal

Novos métodos para investigar a educación actual

O encontro desenvólvese na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur ata o venres 18

O I Congreso Galego de Investigadores de Terceiro Ciclo en Ciencias da Educación continuou este xoves coa conferencia do profesor da Universidade de Salamanca Francisco J. Tejedor. En xeral, fixo fincapé na necesidade de mellorar os instrumentos para recadar información de calidade e deu a coñecer novas metodoloxías para investigar sobre educación. O encontro ten lugar na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Sur ata o venres 18.
Xa pola tarde, a axudante da Biblioteca das Facultades de Ciencias da Educación e Psicoloxía dirixe, a partir das 16:30 horas, un seminario acerca dos recursos informativos na educación e, ás 19:30 horas, abórdanse nun foro os retos e desafíos do Terceiro Ciclo en Galicia.
Venres 18A última sesión académica abrirá, ás 9:00 horas, coa presentación de experiencias e traballos de investigación e pechará, ás 12:30 horas, coa conferencia ‘Avaliación de Estudos de Terceiro Ciclo’ do profesor da Universidade de Oviedo, Mario de Míguez Díaz.
O I Congreso Galego de Investigadores de Terceiro Ciclo en Ciencias da Educación pretende construír un espazo para a promoción, intercambio e discusión de experiencias e investigacións desenvolvidas nas distintas áreas que estudan o eido educativo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.04.2008.