Pasar al contenido principal

A xornadas 'Psicoloxía e Publicidade' pechan coa cuestión da identidade colectiva feminina

A última sesión das xornadas ‘Psicoloxía e Publicidade’ comeza este venres 25, ás 9:30 horas, cunha charla do profesor da USC Jorge Sobral sobre a influencia da publicidade na configuración da identidade colectiva feminina. O encontro celébrase no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur).
‘O poder da persuasión na publicidade’ é o título da segunda conferencia que pronunciará 16:00 horas o profesor da USC Gonzalo Serrano e, ás 19:30 horas, proxectarase o filme ‘En qué piensan las mujeres’. No transcurso da xornada, todos os asistentes poden opinar por escrito sobre as cuestións tratadas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.04.2008.