O director portugués Luís Filipe Rocha presenta en Ciencias da Comunicación o seu último filme 'A outra marxe'
O director portugués Luís Filipe Rocha presenta este venres 24 en Santiago o seu último filme ‘A outra marxe’ (A outra margem), galardoado co Premio Especial do Xurado no Festival de Cinema de Guadalaxara, o máis recoñecido certame de América Latina. A presentación terá lugar ás 11:00 horas e correrá a cargo do vicerreitor de Cultura da USC, Elias Torres Feijó; o director de Departamento de Comunicación, Xosé Soengas Pérez; e o secretario da AGACOM, Francisco Campos.
O filme está protagonizado por Filipe Duarte, Maria d’Aires e Tomás Almeida. O seu fío argumental é a reconstrución da vida dun travesti (Ricardo) tras unha tentativa de suicidio fracasada. Tras mudarase á casa da súa irmá, Ricardo desenvolverá unha relación moi próxima co seu sobriño, que padece o síndrome de Down e que mantén unha dura loita para chegar a ser actor. Un forte vínculo revelará unha relación entre dúas persoas que, por motivos distintos, créense ao marxe da sociedade.
Luís Filipe Rocha leva dirixindo películas dende os anos setenta e na súa filmografía destacan títulos como ‘Sinais de fogo’, ‘Adeus pai’, ‘A passagem da Noite’ ou ‘Amor e dedinhos de pé’, cuxa música é da autoría do galego Enrique Xavier Macías, xa falecido. Nas súas cintas convida sempre ao espectador a coñecer a distintos personaxes que están “fóra da normalidade”.