Pasar al contenido principal

O Consello de Goberno da USC analiza a proposta de límite de prazas das titulacións para o curso 2008-2009

O Consello de Goberno da USC tratará este martes 29 a proposta de límite de prazas das titulacións que se imparten na universidade compostelá para o curso 2008-2009 nunha xuntanza que dará comezo ás 9:30 horas no Colexio de San Xerome.
Nesta reunión analizaranse ademais os puntos relativos ao procedemento para a tramitación das titulacións oficiais, a xestión das ensinanzas de grao, as liñas xerais das titulacións oficiais, a modificación de másteres oficiais e a convocatoria da Escola Infantil Breogán e o calendario académico para o vindeiro curso académico.
Completando a orde do día da xuntanza, o Consello de Goberno tratará tamén os criterios de xestión de espazos, prazas de profesorado, profesores eméritos, profesores eméritos, anos sabáticos, cursos de posgrao propio e a designación de tres membros do Consello na Comisión de Mecenado e Colaboración.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.04.2008.