Pasar al contenido principal

O vicerreitor Lourenzo Fernández asiste en Sevilla á reunión do comité executivo do CEURI para perfilar accións futuras

O vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández, asiste este luns na Universidade de Sevilla á reunión da executiva do Comité Español Universitario de Relacións Internacionais (CEURI), do que forma parte.
Na xuntanza repasaranse as xestións realizadas desde a última reunión de decembro e aproveitarase para debater as liñas mestras deste órgano para os vindeiros anos e os obxectivos estratéxicos.
A CEURI, comisión sectorial da CRUE, funciona como rede integrada das Universidades españolas, públicas e privadas, coa finalidade de coordinar as distintas actividades no campo das relacións internacionais universitarias, desenvolver mecanismos específicos para a transmisión inmediata de información, e intercambiar e promover contactos entre universidades españolas e outras institucións nacionais e internacionais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.02.2008.