Pasar al contenido principal

A Vicerreitoría de Cultura elaborará xoguetes tradicionais nunha actividade complementaria á exposición que abre o xoves en Veterinaria

A Facultade de Veterinaria acollerá dende o xoves a exposición de ‘Xoguetes para hoxe’ que vén de pechar as súas portas na Deputación Provincial e que recolle unha mostra de xoguetes antigos, que poderá verse na Sala Isaac Díaz Pardo.
A Vicerreitoría de Cultura organizou unha actividade complementaria a esta mostra que consistirá nunha ruta para recoller materiais e elaborar posteriormente con eles xoguetes tradicionais. Este percorrido terá lugar o sábado día 12 e a inscrición para participar na mesma estará aberta ata o 10.
Cun custo de tres euros, os interesados poden inscribirse na Oficina de Cultura luguesa, situada no segundo andar do número 3 da praza Pío XII.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.04.2008.