Leila Khaled, da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, participa este xoves nun Encontro no Paraninfo
Leila Khaled, membro do Buró Político da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, participará este xoves, día 3, nun Encontro no Paraninfo baixo o título ‘A muller e a política en Palestina’.
O acto, organizado por Galiza por Palestina e a Deputación Provincial da Coruña coa colaboración da USC, terá lugar ás 20:00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia).