Pasar al contenido principal

A Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación promove unha exposición do ilustrador Xosé Tomás

A Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación da USC promove unha exposición do ilustrador Xosé Tomás que se inaugurará este xoves, día 3, ás 19:30 no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche (r/ Frei Rosendo Salvado). Na súa organización colaboran a Concellaría de Centros Socioculturais de Santiago, a área de Didáctica da Expresión Plástica e a Vicerreitoría de Cultura da USC.
A exposición, da que é comisario o investigador José María Mesías Lema coa colaboración da profesora Mª Jesús Agra, propón un achegamento á obra de Xosé Tomás con mostras dos seus traballos no campo da banda deseñada, da ilustración, o humor gráfico, o cartelismo ou o multimedia.
Como ilustrador, Xosé Tomás ten colaborado en máis de trinta títulos no eido do álbum infantil, a novela xuvenil e do libro de texto. Polo que respecta á banda deseñada, para este ano está previsto que vexa a luz o proxecto Historias de Betanzos, ao que se suma as súas viñetas humorísticas para diversos medios de comunicación.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.04.2008.