Pasar al contenido principal

Presentación no campus de Lugo do Programa Xeral de Mobilidade cara fóra do Espazo Europeo de Educación Superior 'Xan de Forcados'

Esta presentación á prensa servirá de introducción para o curso de coordinador de intercambios que se celebra no CACTUS

A USC acaba de crear o Programa Xeral de Mobilidade cara fóra do Espazo Europeo de Educación Superior ‘Xan de Forcados’ no que se aglutinarán os convenios bilaterais e acordos multilaterais que a institución compostelá mantén con outras universidades.
As principais características deste programa así como un avance das actividades previstas para o período 2008-2010 presentaranse este xoves 3 nunha rolda de prensa na que intervirán o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto; o xefe da Oficina de Relacións Exteriores da USC, Enrique López Veloso; o coordinador de Relacións Exteriores,Francisco Javier Sanjiao Otero, e o vicerreitor adxunto de Investigación de Proxección Exterior, Agustín Merino. O acto celebrarase a partir das 11:45 horas na Sala de Xuntas do edificio CACTUS.
A presentación do programa Xan de Forcados servirá como introducción ao curso de coordinador de intercambios que se celebrará durante a mañá do xoves destinado a PDI (Persoal Docente e Investigador) e Xestores Académicos de Centros e no que participarán unhas 40 persoas. Este curso foi organizado pola Vicerreitoría de Relacións Institucionais para informar sobre cambios na normativa sobre mobilidade de estudantes e dos novos programas e concertos existentes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.04.2008.