Pasar al contenido principal

A nova dimensión do goberno local, a debate no Centro de Estudos Avanzados

O goberno local na súa perspectiva máis ampla analizarase a partir deste xoves, día 3 e ata o sábado 5 no Centro de Estudos Avanzados nun encontro organizado por Urban Public Economics Review, da que é co editor o catedrático da USC Luis Caramés, e a Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Obter modelos e recomendacións acerca do que sería esencial na análise da cooperación entre municipios é o obxecto fundamental deste seminario que inaugura este xoves ás 10:30 horas o conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, xunto co profesor Caramés.
Ao longo dos tres días do encontro intervirán expertos das Universidades, entre outras, de Quebec, Porto, Friburgo, Otawwa, Lyon, Burdeos e Poitiers. Destaca, o día 4 ás 17:00 horas, unha mesa redonda sobre os problemas dos gobernos locais en España na que participarán o presidente da Fegamp, Carlos Fernández; os profesores da USC María cadaval e Luis caramés; o profesor da Universidade de Estremadura Francisco Pedraja, e de Barcelona Joaquim Solé.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.04.2008.