Pasar al contenido principal

Novo número d'O Cartafol Dixital

Achega o manual para a avaliación da actividade docente, as primeiras unidades didácticas da USC e unha compilación da lexislación lingüística

O número 41 d’O Cartafol Dixital, correspondente ao mes de marzo, xa está en liña e destaca as primeiras dezasete unidades didácticas da USC como material de apoio ao ensino de calidade adaptado ás necesidades do contexto universitario.
O Cartafol tamén achega o manual para a avaliación da actividade docente que, entre outros fins, servirá para recoñecer a aqueles profesores que acaden a excelencia docente, adecuar os plans de formación ás necesidades reais e mellorar a selección de persoal. Ademais, recolle o Plan Estratéxico da USC ata 2010 que, por vez primeira, ten como obxectivo estratéxico a promoción do uso da lingua galega no eido docente.
A publicación conta coas habituais seccións "Axenda", "Ruxe-ruxe" e "Arriba e abaixo" e “Pasa a folla” na que se recompila e analiza a lexislación lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O Cartafol dixital é o boletín mensual de novas sobre a lingua na USC, e está ao dispor de toda a comunidade universitaria para dar a coñecer cantas iniciativas xurdan no seu seo a prol do galego.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.04.2008.