Pasar al contenido principal

A USC renovou coa Consellaría de Cultura o convenio de colaboración para fomentar o deporte universitario

A USC xunto coas Universidades de Vigo e Coruña renovaron este luns o convenio de colaboración coa Consellería de Cultura para fomentar o deporte universitario. Ao acto asistiron a directora xeral para o Deporte, Marta Souto; o vicerreitor de Cultura, Elias J.Torres; o homólogo coruñés, Luís Caparrós; xunto coa viguesa, Maruxa Cabeza.

Os obxectivos que se perseguen con esta sinatura son potenciar os campionatos interuniversitarios, promover a actividade física na comunidade universitaria e posibilitar prácticas do alumnado en programas da Dirección Xeral para o Deporte.

Desta forma, na reunión lembrouse o Campionato Galego Universitario de PDI-PAS que se celebrará o vindeiro sábado, día 31, no Campus de Lugo da USC. Participarán 150 persoas nas modalidades de fútbol 7, baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco e xadrez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.05.2008.