Pasar al contenido principal

O IDEGA ofrece a última sesión científica prevista para este curso na Escola Politécnica Superior

O Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) rematará este mércores 28 o ciclo de conferencias previstas para o curso 2007-2008 na Escola Politécnica Superior de Lugo.
Nesta ocasión, a charla correrá a cargo de Melina Barrio, do IDEGA, cunha intervención co título ‘Valoración de danos ambientais por incendios’. A reunión será na Aula 15 da EPS, ás 19:00 horas.
A charlas deron comezo durante o primeiro trimestre deste ano e durante as mesmas se trataron temáticas tan diversas como o consumo de alimentos ecolóxicos ou os fondos para o desenvolvemento rural.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.05.2008.