Pasar al contenido principal

Os novos enxeñeiros técnicos agrícolas recibirán as súas insignias de titulados o mércores na EPS

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas entregará este mércores 28 as insignias aos titulados o ano pasado nesta especialidade na Escola Politécnica Superior de Lugo. O acto terá lugar ás 11:00 horas no salón de actos Isaac Díaz Pardo.
Participarán nesta sesión o presidente do Colexio oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, Armando Rey Rodríguez; o seu homólogo de A Coruña e Pontevedra, Enrique Luís de Salvador Sánchez, e o director da EPS, Javier Bueno, que entregarán tamén os premios aos mellores proxectos fin de carreira e estudos técnicos.
Así mesmo, o profesor da área de Economía, Socioloxía e Política Agraria na EPS Francisco Sineiro García, ofrecerá unha conferencia titulada ‘A produción de leite en Galicia: situación actual e perspectivas’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.05.2008.