Pasar al contenido principal

O grupo de investigación Filoloxía e Lingüística Galega organiza no ILG un seminario de introdución á análise do discurso

O grupo de investigación Filoloxía e Lingüística Galega organiza o seminario ‘Introdución á análise do discurso’ que se vai celebrar no Instituto da Lingua Galega da USC este mércores 28 e o xoves 29 impartido pola profesora da Universidade de Bos Aires Graciana Vázquez Villanueva.
Doutora pola Universidade de Bos Aires, Graciana Vázquez Villanueva é profesora e investigadora do Instituto de Lingüística da mesma universidade, centrando o seu traballo na análise da socioloxía da linguaxe e na análise do discurso. Ditou seminarios en moitos países e especializouse na análise do discurso latinoamericanista e en ideoloxías lingüísticas. Entre os seus últimos traballos figuran o libro Revolución y discurso: la integración hispanoamericana (1809-1825) (2006) e os artigos Cuerpos y tonos discursivos: un portavoz del hispanoamericanismo del siglo XIX (2007) e La lengua española ¿herencia cultural o proyecto político-económico? (2008).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.05.2008.