Pasar al contenido principal

A Aula de Teatro da Universidade da Coruña participa na IX Mostra con 'Ubu Rei'

IX Mostra de Teatro Universitario de Galicia

Ubu Rei, de Alfred Jarry, é a obra que a Aula de Teatro da Universidade da Coruña trae este venres, día 30, á novena edición da Mostra de Teatro Universitario de Galicia. A representación será ás 21:00 horas no Salón Teatro.
Ubu Rei estreouna a Comédie Française en 1896 con Fermin Gémier no papel principal. Tras dunha curta temporada de dúas representacións, foi retirado de cartel e representado soamente un ano após a morte de Alfred Jarry, en 1908. Absurdo e irracionalismo filosófico, pedras angulares da cultura do século XX, foron de máis para aquel patio de butacas de fin do século XIX. Hoxe un clásico, Ubu Rei é tamén o inicio da modernidade no teatro, ben menos escandaloso case cen anos despois, sempre unha obra-prima.
Ubu, o primeiro antiheroe da historia do teatro, chocante, totalmente malo en todos os sentidos, é un concentrado todo poderoso de maldade e violencia. Ao mesmo tempo, é irónico, cínico, divertido e ridículo, un espello grotesco da iniquidade da condición humana.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.05.2008.