Pasar al contenido principal

Estudantes de Maxisterio volven ás rúas para defender a igualdade de xénero

Estudantes da materia ‘Socioloxía dos Roles de Xénero’, que se imparte en Maxisterio, volven actuar polas rúas de Compostela co fin de loitar contra a violencia de xénero e as diferentes desigualdades entre homes e mulleres. As primeiras performances, tituladas ‘¿Evolución ou encasillamento?’ e ‘Pintemos pola igualdade’, terán lugar o luns 5 a partir das 9:00 horas na Praza do Obradoiro.
As actuacións, que se celebrarán todos os luns e xoves de maio, continuarán o xoves 8 ás 10:00 horas coa representación ‘Ablación Xenital Feminina’. Será na Alameda de Santiago, entre a estatua das Marías e o Paseo dos Leóns.
Outras representacións son ‘Violencia de Xénero: construción social’, que se desenvolverá no Cemiterio de Bonaval, ‘Orde Falocéntrico’ na Rúa do Vilar, ‘Discriminación laboral’ na Praza do Toural, ‘El estado contra Mr. Smith’ na Praza das Praterías, ‘Desagüe Consumista’ en General Pardiñas, ‘Violencia Familiar’ ou ‘Enfermos da sociadade: ¿víctimas ou verdugos?’ na Praza Roza.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.05.2008.