Pasar al contenido principal

A Facultade de Veterinaria inicia un curso de fotografía para profesionais do sector

O luns 5 dará comezo na Facultade de Veterinaria de Lugo un novo curso de Fotografía Dixital para Veterinarios, dirixido principalmente a aquelas persoas interesadas en mellorar a súa técnica fotográfica, en especial aos profesionais deste campo.
As clases impartiranse ata o 16 de maio en horario de 19:00 a 21:30 horas de luns a venres. A temática abarca aspectos relacionados coa captura dixital de imaxes e co seu posterior tratamento informático, coa intención de dar a coñecer as técnicas que permitan a obtención de mellores imaxes na pantalla do ordenador ou impresas en papel.
A USC ten recoñecido para este curso un crédito de libre configuración e o material co que parten ten basicamente carácter profesional e comprende dende fotografías de campo de animais domésticos ou salvaxes a microfotografías de preparacións obtidas en laboratorio, pasando por outras obtidas en quirófanos, salas de necropsias ou consultorios.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.05.2008.