Os titulados en Topografía reciben o xoves na EPS a insignia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos desta especialidade
A Delegación Territorial de Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos en Topografía entregará este xoves as insignias desta institución aos novos enxeñeiros técnicos que se titularon no pasado curso.
Este acto terá lugar no salón de actos Isaac Díaz Pardo da Escola Politécnica Superior, ás 17:00 horas. No mesmo participarán o delegado territorial en Galicia do Colexio Oficinal de Enxeñeiros Técnicos en Topografía, Luís Mendoza Barros; o delegado desta mesma institución en Lugo, Eugenio Niñe Fernández, e o director da Escola, Javier Bueno.
Así mesmo, o decano do Colexio Oficinal de Enxeñeiros Técnicos en Topografía, Pedro J. Cavero Abad, impartirá unha conferencia co título ‘Futuro académico e profesional da Enxeñería en Xeomática e Topografía’. Na charla o relator referirase ás novas máis recentes en relación ao tema dos novos planos de estudo das enxeñarías dentro do Espazo Europeo de Educación Superior.