Pasar al contenido principal

O Foro Casa de Europa de investigadoras e tecnólogas estudará as claves para a igualdade

O Seminario Mulleres e Universidade (SMU) da USC celebrará o xoves, 15 de maio, o seu Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas. Baixo o título ‘Claves para a igualdade’, nesta ocasión participará a presidenta do Forum Galego de Política Feminista, Paloma Rodríguez Vázquez. A sesión será ás 17:00 horas na Casa de Europa.
O SMU, un grupo de observación e estudo formado por profesoras da Universidade de Santiago, vén traballando dende a súa creación hai cinco anos na visibilización das mulleres en todos os campos da Ciencia e a Tecnoloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.05.2008.