Pasar al contenido principal

O I Simposio Nacional sobre Educación Internacional reúne no CEA a expertos de dezasete Universidades

Expertos de dezasete Universidades españolas reúnense no I Simposio Nacional sobre Educación Intercultural
Expertos de dezasete Universidades españolas reúnense no I Simposio Nacional sobre Educación Intercultural

Expertos e investigadores de dezasete Universidades españolas participan en Santiago no I Simposio Nacional sobre Educación Intercultural, no que están a presentar e debater proxectos e propostas sobre investigación e desenvolvemento neste eido do saber pedagóxico. Esta discusión formúlase, afirman os organizadores, cando se “multiplican” os desafíos que conleva a busca de éxito escolar nunha sociedade “que medra en diversidade cultural”.
Patrocinado polo Centro de Investigación e Documentación Educativa do Ministerio de Educación e organizado polo Grupo ESCULCA da USC, o propósito principal do evento é a construción de sinerxías entre grupos con acreditada traxectoria investigadora en educación intercultural, a fin de procurar unha máis efectiva transferencia do coñecemento á escola e a outras instancias formativas. Os investigadores están a avaliar ademais as condicións polas que os programas de educación intercultural poden contribuír á mellora xeral da equidade e do sistema educativo.
Xa na parte final do simposio, a correspondente á sesión deste venres, os participantes someterán a debate e resolución a creación dunha Rede Nacional de Investigadores en Educación Intercultural, coa que se iniciaría o camiño para a realización de proxectos conxuntos tanto nacionais como internacionais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.05.2008.