Pasar al contenido principal

Administración de Empresas de Lugo celebra o venres o acto de licenciatura da súa duodécima promoción

A XII promoción da licenciatura de Administración e Dirección de Empresas de Lugo celebrará este venres 9, ás 18:30 horas, o acto de graduación, que terá lugar na Aula Magna do centro.
O acto estará presidido polo vicerreitor de Coordinación, Carlos Herrero, que estará acompañado polo alcalde, José López Orozco, e outras autoridades locais. Como padriño da promoción actuará Mariano Lacarta, que é director da empresa Reganosa.
Durante a súa intervención no acto, Lacarta centrarase no emprendemento, animando aos mozos e mozas a introducirse no mercado laboral cunha actitude de empuxe e iniciativa, apostando pola xuventude de empresas como é o caso de Reganosa.
Mariano Lacarta, natural de Zaragoza, licenciouse en Enxeñería Industrial na súa cidade de nacemento e comezou a súa andaina profesional na Central Térmica de Andorra-Teruelo, propiedade de Endesa. Tras o seu paso pola Central Térmica de Pago, ao sur de Portugal, accede na primaveira de 2007 á dirección xeral de Reganosa, compañía dedicada á recepción, almacenamento, gasificación e transporte de gas natural licuado.
Tras a entrega de diplomas, intervirán no acto o decano da Facultade, José Díez de Castro, e un representante dos alumnos. Tamén será recoñecido o mellor expediente académico.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.05.2008.