Pasar al contenido principal

A Protectora entrega á Fundación Rof Codina unha placa polo traballo de apoio realizado nos últimos 25 anos

A Fundación Rof Codina descubrirá este xoves, ás 18:00 horas, no Hospital Clínico Veterinario, unha placa concedida pola Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, con motivo da celebración do 25 aniversario da creación deste colectivo.
No acto estarán presentes por parte da Universidade o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o xerente do hospital, Luis Felipe de la Cruz Palomino; a directora veterinaria, María Luisa Suárez Rey, e a vicedecana da Facultade, María Ángeles Moreno. Por parte da Protectora estará o seu presidente, Javier García Calleja. Ademais, asistirán distintos representantes institucionais como a concelleira de Servizos Xerais do Concello de Lugo, Luisa Zarzuela, e o delegado de Medio Ambiente, Eduardo Vidal, entre outros.
Con esta placa, que estará colocada á entrada do hospital, a Protectora quere agradecer a colaboración prestada durante estes anos na atención aos animais recollidos das rúas da cidade de Lugo e coidados nas instalacións que ten esta institución.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.05.2008.