Pasar al contenido principal

Xa se coñecen os gañadores do Campionato da USC de Judo

Organizado pola Área de Deportes, o Campionato da USC de Judo xa ten gañadores oficiais nas categorías de Senior Promoción, Masculino Sub 20 e Senior de menos de 73 quilogramos e a mesma modalidade que supera este peso.

En Senior Promoción, a medalla de ouro foi para Alejandro Criado, estudante de Química, a de prata para Cristian di Cesare, de Económicas, e a de bronce para Elvis Teijeira, de Medicina.
O primeiro posto en Masculino Sub 20 e Senior de menos de 73 quilogramos acadouno o alumno de Odontoloxía, Francisco Ascanio, e o segundo, Pablo Cabaleiro da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE). O terceiro lugar conseguírono os estudantes de Bioloxía e da ETSE, Alejandro Blanco e Alejandro Acuña, respectivamente.
Na sección de Masculino Sub 20 e Senior de máis de 73 quilogramos subiron ao podio en primeiro e segundo lugar Victor Villaverde, estudante de Medicina, e David Fernández, de Enxeñaría Técnica Agrícola.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.05.2008.