Pasar al contenido principal

Senén Barro, novo vicepresidente da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, acaba de ser elixido na Asemblea Xeral celebrada en Valencia vicepresidente da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), cargo que compartirá co seu homólogo da Universidade de Cantabria, Federico Gutiérrez-Solana.
A incorporación do reitor compostelán á vicepresidencia da Conferencia prodúcese logo da marcha do reitor da Universitat de Barcelona, Mariùs Rubiralta, para desempeñar o cargo de secretario de Estado de Universidades do Ministerio de Ciencia e Innovación.
Vogal do Comité Permanente da CRUE ata agora, o posto de Senén Barro pasa a ocupalo o reitor da Universitat Politècnica de València, Juan Julià.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.05.2008.