Pasar al contenido principal

Presentación da programación do Convenio Lugo Cultural para o mes de maio

A programación do convenio Lugo Cultural continuará nos próximos días con varias actuacións e a apertura de novos programas de actividades, tal e como anunciarán este venres 16, ás 12:00 horas, na Sala de Prensa da Vicerreitoría, os seus coordinadores.
A presentación estará a cargo dos representantes das cinco institucións que forman parte do Convenio, o vicerreitor de Cultura, Elías Torres; a concelleira de Cultura de Lugo, Concepción Burgo; o delegado provincial da Consellaría de Cultura, Xoán Xosé Molina; o responsable da Área de Cultura e Deportes da Deputación Provincial, Antón Veiga, e o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez.
No acto estará presente tamén o músico Marcos Teira, que ofrecerá un concerto nos próximos días como parte deste programa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.05.2008.