Pasar al contenido principal

Inauguración da exposición e entrega de premios do Maratón Fotográfico do Campus de Lugo

Este mércores 21, ás 12:00 horas, abrirá na Sala Isaac Díaz Pardo da Facultade de Veterinaria a exposición cos traballos participantes na XIV edición do Maratón Fotográfico do Campus de Lugo. Durante a inauguración da mesma darase conta do ditame do xurado e entregaranse os premios deste certame, organizado ao amparo do Convenio Lugo Cultural.
O acto estará presidido polos vicerreitores de Coordinación e de Cultura da USC, Carlos Herrero e Elías Torres, aos que acompañarán outros membros de Lugo Cultural como a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Concepción Burgo; o delegado provincial da Consellaría de Cultura, Xoán Xosé Molina; o delegado da área de Cultura da Deputación Provincial, Antón Veiga, e o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez.
Tamén estarán presentes a vicedecana de Ordenación Académica da Facultade de Veterinaria, Ángeles Moreno, e os fotógrafos Eduardo Ochoa e Carlos Valcárcel.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.05.2008.