Pasar al contenido principal

Reunión de traballo no CEA de xeógrafos e historiadores de Europa e América

Historiadores e xeógrafos de Europa e América reúnense estes días no Centro de Estudos Avanzados da USC (Parque de Vista Alegre) nun encontro de traballo no que estudan o Subantártico marítimo como un posible análogo para o tardo-Pleistoceno de Galicia.
O encontro inaugurárono este luns o profesor de Xeografía da USC Augusto Pérez-Alberti e o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, a quen lle seguiu cunha conferencia inaugural o profesor emérito da Universidade canadense de Otawa Hugh French.
Ao longo destes tres días participarán con relatorios e presentarán as súas investigacións expertos de Universidades españolas así como de Reino Unido, Canadá, Italia e Portugal, entre outras. De Galicia, será o Grupo de Investigacións Xeomorfolóxicas e Ambientais (GIXA) da Universidade de Santiago quen presente o seu estudo realizado na Terra do Fogo (Arxentina).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.05.2008.