Pasar al contenido principal

As escolas unitarias serán o martes tema dun foro na Escola de Formación do Profesorado

A Escola de Formación do Profesorado do Campus de Lugo celebra este martes 20 unha sesión de foto-forum sobre a educación no medio rural galego, centrado nas escolas unitarias.
Esta actividade, que está organizada polo profesor Francisco Candia, consistirá na proxección do foto-documental ‘Un curso na escola unitaria de Láncara’, seguida dun debate.
A proxección dará comezo ás 19:00 horas e nela se dará conta da verdadeira educación no medio rural, xa que o documental recolle un ano na vida dos rapaces que estudaban no ano 2004-2005 na escola da súa aldea, situada na parroquia de Láncara.
Trátase dunha peza con clara vocación expresiva e artística, máis tamén didáctica, que recolle a experiencia destes pequenos que verán como pecha a súa escola no mes de xuño, tal e como sucedeu con outras unitarias nos últimos tempos.
No debate que se iniciará posteriormente intervirán Cristina Prieto, autora do documental; María Pilar Vázquez Fraga, mestra da escola, e Alicia López Pardo, mestra e membro da Mesa Galega de Educación do Rural. Estará moderada polo profesor Francisco Candia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.05.2008.