Pasar al contenido principal

Presentación da IX Mostra de Teatro Universitario de Galicia

A USC será a partir do 26 de maio o escenario no que os grupos de teatro universitario de toda Galicia se darán cita para achegar ao público as súas últimas producións. Son doce as compañías -nove da USC, dúas da Universidade de Vigo e unha da Coruña- que participarán nesta novena edición da Mostra de Teatro Universitario de Galicia.
A Mostra presentarana en rolda de prensa este xoves, día 22, ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, o vicerreitor de Cultura, Elias Torres; o director da Aula de Teatro da USC, Roberto Salgueiro; e o responsable da Área de Cultura da USC, Pablo Sampedro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.05.2008.