Pasar al contenido principal

O responsable da titulación Enxeñeiro en TIC do Tecnológico de Monterrey explica na USC o deseño deses estudos

O reitor compostelán recibiu ao profesor Lara no seu despacho de San Xerome
O reitor compostelán recibiu ao profesor Lara no seu despacho de San Xerome

‘Deseño de programas formativos en enxeñaría e a súa acreditación: experiencia no Tecnológico de Monterrey’ foi o título da conferencia que o director da titulación ‘Enxeñeiro en TIC’ do Tecnológico de Monterrey do Campus de Aguascalientes (México), Emmanuel L. Lara Chávez, pronunciou este xoves na ETSE.
Na súa intervención, o profesor Lara fixo un percorrido polos aspectos mais relevantes da metodoloxía que segue o Tecnológico de Monterrey á hora de deseñar un programa formativo, incidindo na súa experiencia recente na acreditación nacional (2008) da titulación Enxeñeiro en TIC.
Explicou así as consideracións iniciais e obxectivos dunha titulación, como son as competencias a desenvolver, o contexto social e profesional e a acreditación; as fases do proceso de acreditación e a súa repercusión na organización, desenvolvemento e seguimento dun programa formativo; a seguranza da calidade e mellora continua dos programas; o seguimento de egresados e a autoavaliación e avaliación externa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.05.2008.