Clausurada a exposición 'Cen anos de Odontoloxía en Galicia, 25 anos de Odontoloxía na USC'

O vicerreitor de Cultura, Elias J.Torres, presidiu este venres a clausura da exposición ‘Cen anos de Odontoloxía en Galicia, 25 anos de Odontoloxía na USC’, incluída no programa de actos conmemorativos do primeiro cuarto de século do nacemento da Escola de Odontoloxía en Compostela.
Celebrado na Facultade de Medicina, ao acto asistiron o decano do centro, José Mª Fraga; a vicedecana, María Jesús Mora; a comisaria da mostra, Isabel Ruíz Apilánez; o seu responsable, José María Suárez, o presidente e o vicepresidente da Sociedade Española de Cirurxía Oral e Maxilofacial (SECOM), Santiago Llorente e Arturo Bilbao, respectivamente, así como o representante da Fundación Caixa Galicia, José Luíz Álvarez.
A exposición achegou aos seus visitantes a unha viaxe no tempo para coñecer de primeira man a evolución experimentada por esta disciplina no último século. Aberta ao público durante tres meses, os seus promotores destacaron o “grande éxito” de público que acudiu a visitala neste tempo.