O director do Centro de Arte Contemporáneo Wilfredo Lam e da Bienal de Artes Plásticas da Habana, Jorge Fernández, nos 'Encontros no Paraninfo'
O director do Centro de Arte Contemporáneo Wilfredo Lam e da Bienal de Artes Plásticas da Habana, Jorge Fernández, participa este martes 11 nunha nova sesión dos ‘Encontros no Paraninfo’.
Conducido pola directora da Cátedra Alejo Carpentier de Cultura Cubana da USC, Ana Chouciño, e polo profesor de Historia das Ideas Estéticas da USC, Federico López Silvestre, o acto comezará ás 20:00 horas no Paraninfo da Universidade na Facultade de Xeografía e Historia.