Pasar al contenido principal

O responsable do proxecto arqueolóxico de busca dos desaparecidos políticos na ditadura uruguaia intervén este martes na USC

Pronunciará unha conferencia ás 19:00 horas na Facultade de Xeografía e Historia

A busca dos desaparecidos políticos na ditadura uruguaia entre 1973 e 1984 será o tema da conferencia que o catedrático de Arqueoloxía da Universidade da República Oriental (Uruguai), José María López Mazz, pronuncie este martes, día 25, ás 19:00 horas na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia.
O profesor López Mazz dirixe na actualidade o Grupo de Investigacións en Antropoloxía Forense da Universidade uruguaia, encargado de desenvolver o proxecto arqueolóxico de busca dos desaparecidos durante a ditadura uruguaia que integra o traballo de diversos colectivos (historiadores, antropólogos, organismos de dereitos humanos, familiares de desaparecidos, etc.).
O labor deste grupo permitiu constatar, a través de evidencias directas en escavacións de foxas, a desaparición forzosa, o asasinato e torturas ás que foron sometidos mulleres e homes durante a ditadura. Demostraron ademais, coa investigación de testemuñas como eixo central e sumado a outras evidencias arqueolóxicas, o que se denominou ‘operación cenoria’, que en momentos posteriores á ditadura, e tras un plan deliberado dos militares, consistiu en actuacións sistemáticas para facer desaparecer todos os restos incriminatorios.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.11.2008.