Pasar al contenido principal

A USC e a Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago convocan o Premio Bianual de Investigación Histórica 'Domingo Fontán'

A Universidade de Santiago e a Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS) convocan a primeira edición do Premio de Investigación Histórica ‘Domingo Fontán’, segundo o convenio marco asinado este luns 20 en San Xerome polo reitor Senén Barro e o presidente da Real Sociedad, Juan B. de la Salle Barreiro Pérez.
A este premio poderán concorrer traballos de investigación histórica, paleográfica, xeográfica, artística, arquivística, patrimonial, bibliográfica ou calquera outro de investigación de carácter histórico fundamentado no patrimonio e documentación da RSEAPS ou no período emotivo da creación desta sociedade.
Cunha dotación de 2.000 euros de premio para a obra gañadora así como a súa publicación, á convocatoria poderán presentarse traballo inéditos, coleccións de traballos parciais ou artigos científicos xa editados, sempre que non supoñan unha recopilación. Estarán redactados en calquera das catro linguais oficiais do Estado cunha extensión de entre 75 e 500 folios en Din A-4.
O premio está orientado a persoal investigador, investigadores en formación ou posgraduados, debendo para elo presentar os seus traballos antes do 30 de setembro de 2009 na RSEAPS (Praza Salvador Parga, 4-2º. 15704 Santiago). O ditame da convocatoria darase a coñecer en decembro de 2009 por un xurado que conformarán o vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, a decana da Facultade de Xeografía e Historia, o director do Departamento de Historia Económica da USC, e o presidente e o secretario da RSEAPS.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.10.2008.