'Copying Beethoven', proxección deste xoves no ciclo Música en Imaxes
A Fonoteca universitaria proxecta este xoves, día 23, o filme Copying Beethoven, dirixida por Agnieszka Holland. A actividade, que terá lugar ás 18:00 horas na sede da Fonoteca en Ciencias da Comunicación, enmárcase no ciclo Música en Imaxes.
A película, escrita por Stephen J. Rivele e Cristopher Wilkinson, está interpretada por Ed Harris e Diane Kruger.