Pasar al contenido principal

A Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes aloxará o portal institucional da 'Cátedra Valle-Inclán'

Á sinatura do convenio asistiron, de esquerda a dereita, José Manuel Moreno, Manuel Bravo, Senén Barro, Lourenzo Fernández e Margarita Santos
Á sinatura do convenio asistiron, de esquerda a dereita, José Manuel Moreno, Manuel Bravo, Senén Barro, Lourenzo Fernández e Margarita Santos

O reitor da USC, Senén Barro, e o director xeral da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, Manuel Bravo Lifante, asinaron este venres 24 un convenio para a creación e aloxamento do portal institucional da ‘Cátedra Valle-Inclán’. A sinatura celebrouse no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, nun acto ao que tamén asistiron o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, a director da Cátedra, a profesora Margarita Santos, e o responsable de Santander Universidades, José Manuel Moreno.
O portal recollerá os repertorios, textos literarios, imaxes e outros materiais significativos que actualmente custodia a Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago, así como todo aquel material bibliográfico e documental do Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC.
O obxectivo deste acordo é potenciar a difusión das actividades e o labor investigador, especialmente o patrimonio literario e bibliográfico, mediante o aproveitamento dos fondos da Cátedra valleinclaniana para facilitar un acceso máis eficiente aos recursos bibliográficos desta entidade entre a comunidade hispanofalante a través da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
A CátedraA Cátedra Valle-Inclán, creada en 2002 pola universidade galega conxuntamente co concello de Santiago coa colaboración de Banco Santander, a través da súa División Global Santander Universidades. Ten como obxectivo proporcionar un marco de integración e apoio aos proxectos que desenvolve o Grupo de Investigación Valle-Inclán, como su seminario permanente, un foro de debate no que os especialistas profundan na figura e obra de Ramón del Valle-Inclán.
Parte imparte do traballo da cátedra é a súa Biblioteca, que edita o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, encargada da divulgación universitaria da investigación ao redor do autor. O proxecto conta con dúas liñas básicas editoriais, unha para estudos críticos e outra para edicións (facsimilares, anotadas e críticas).
A Cátedra tamén ten encomendada a elaboración do Anuario Valle-Inclán/Anales de la Literatura Española Contemporánea (Society of Spanish and Spanish-American Studies), revista de carácter monográfico que informa a hispanistas e especialistas no autor galego sobre as distintas investigacións dedicadas ao escritor.
Fundación Biblioteca Virtual Miguel de CervantesA Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes é unha institución sen ánimo de lucro de ámbito internacional que desenvolve un ambicioso proxecto de dixitalización a través da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (www.cervantesvirtual.com). O seu fin é facer da Cervantes un instrumento para a difusión das letras iberoamericanas mediante a aplicación das novas tecnoloxías. O seu acceso é libre a través da rede e presenta máis de 30.000 rexistros bibliográficos, que a converten no portal de referencia internacional das letras hispánicas. A súa creación data de 1999 por iniciativa da Universidade de Alacante, a Fundación Marcelino Botín e Banco Santander.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2008.