Pasar al contenido principal

A profesora Susana Zapke ofrece unha conferencia sobre os manuscritos medievais con notación musical

A profesora do Instituto de Análise, Teoría e Historia da Música da Universitat für Musik und Darstellende Kunst de Viena, Susana Zapke, pronuncia este xoves 30 unha conferencia convidada polo Departamento de Latín e Grego da USC.
A doutora Zapke fará xirar a súa intervención ao redor de aspectos relacionados cos manuscritos medievais da Península Ibérica con notación musical. A sesión celebrarase a partir das 12:00 horas no Seminario B da Facultade de Filoloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.10.2008.