Máis actividades deportivas para este curso académico
Atletismo, mellora da condición física, danza do ventre, expresión da voz e do corpo, aikido e pilates súmanse ás outras dezanove actividades que ofrece a Área de Deportes para este curso académico. O prazo de matrícula comeza este xoves para toda a comunidade universitaria e o luns 14 para o resto das persoas interesadas.
As outras clases a escoller son aerobic, steps, hip-hop, batuka, capoeira, esgrima, gym-dance, ioga, judo, karate, kung-fu, ximnasia de mantemento, taekwon-do, tai-chi, xadrez, ximnasia terapéutica, escola da columna, ximnasia suave e G.A.P.
Ademais, a USC organiza para o sábado, día 25, unha ruta de sendeirismo en Chantada que sumará entre 12 e 15 quilómetros cun desnivel e dificultade media. A inscrición pecha o mércores anterior á súa realización.
As persoas interesadas en obter máis información poden acudir ás oficinas da Área de Deportes, emprazadas na Piscina Universitaria, chamar ás extensións 15070-15071-15072-15073-15076 ou a través da web www.usc.es/deportes. Para matricularse en calquera actividade cómpre estar en posesión do Cartón Deportivo.