Pasar al contenido principal

A USC e a Universidade Vasco de Quiroga de México renovan a súa colaboración para o intercambio de estudantes

O vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, recibiu este venres 10 en San Xerome ao reitor da Universidade Vasco de Quiroga de México, José de Jesús Zenil Nogueira, que se atopa de visita na USC para renovar un acordo de colaboración coa institución docente compostelá en materia de intercambio de estudantes. No encontro estiveron acompañados polo responsable da Oficina de Relacións Exteriores da USC, Enrique López Veloso, e polo secretario administrativo da universidade mexicana Raúl Martínez.
O convenio asinado, polo que xa chegaron á USC máis de medio cento de estudantes mexicanos nos últimos anos, diríxese a estudantes para o desenvolvemento de estadías de ata un máximo de dous semestres consecutivos. Os candidatos ao intercambio deberán ter completado como mínimo un ano de estudos universitarios cunha nota media no seu expediente igual ou superior a dous.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.10.2008.